63 minutes | Jun 4, 2021

Ep. 226 - PATTY CASTRO-MULLERES GALEGAS KAÑERAS [Grandes Vozes]

Patty Castro é de Vila de Cruces e vive en Vilagarcía de Arousa. Unha das súas paixóns é cantar ao estilo heavy, rock ou metal. Trás pasar por numerosos grupos (D´trankis ,Salida de Emergencia, Meigha, Nao, Os Jhon Deeres…), actualmente participa nun dúo en acústico: Raíñas. Activista feminista e ecoloxista, fomenta a visibilidade das mulleres máis próximas, artistas e músicas. Faino a través de MGK (Mulleres Galegas Kañeiras). Como radiofonista, no seu espazo de radioweb ten entrevistas a mulleres músicas galegas e colabora con GZ Música e Nós Tv con entrevistas a grupos galegos con participación feminina. Unha persoa con este perfil, necesariamente tiña que pasar polo Deixe falar do Grandes Vozes. Este foi o momento.
Play
Like
Play Next
Mark
Played
Share